O sistema nervioso esta formado polo sistema nervioso central e o sistema nervioso periférico
Sistema nervioso central
O sistema nervioso centra, procesa a información recibida ou elabora as respostas. Esta formado por o encéfalo e a medula espinal.
Encéfalo
.O encéfalo é a parte do sistema nervioso central aloxada no interior do cranio. Esta formado por varias estruturas que constitúen os centros superiores de procesamiento da información e da coordinación xeral do organismo.
Médula espinal A medula espinal é un órgano nervios en forma de cordón aloxado na columna vertebral. A función principal da medula é distribuír as fibras motoras cara aos órganos efectores do corpo e recoller a información dos órganos sensoriais para enviala ao cerebro.
Sistema periférico
O sistema nervioso periférico esta contituído polos nervios que conectan os receptores e efectores co sistema nervioso central. Esta formado polo sistema nervioso somático e o sistema nervioso periférico.
Sistema nervioso somático
· Nervios craneais: Controlan estruturas situadas na cabeza e o pescozo, aínda que un deles o nervio vago regula as funcións dos órganos das cavidades torácica e abdominal. · Nervios espinales:A orixe dos nervios espinales é a sustancia gris da medula espinal. Delas xorden unha prolongacións denominadas raíces. Polas raíces posteriores entran axones con información sensorial e das anteriores saen neuronas motoras. Tras abandonar a medula, as fibras de ambas as raíces únense para formar os nervios espinales.
Sistema nervioso autónomo
O sistema nervioso autónomo esta formado polas fibras nerviosas que reciben información dos órganos internos e polas que transmiten ordenes aos músculos lisos,glándulas e vasos sanguineos.
· Sistema simpático:Prepara o corpo para afrontar situacións de tensión, de alarma e de tensión que requiren un esforzo e, por tanto aumentan o gasto enerxético. · Sistema parasimpático:Produce unha relaxación do organismo tras un episodio de excitación, o que leva unha diminución no gasto de enerxía.